VENRES, 8 DE MAIO: LECTURA E NOTAS 1ª-2ª

Bos días.

Como vos dixen onte, mentres estabamos conectados, o de hoxe vai ser un traballo levadeiro.

1. Enquisa. Poderiades contestala, por favor?

2. Lecturas.
  • Os que non escollestes aínda o libro que ides ler, facédeo nesta entrada.
  • Os que xa escollestes a vosa lectura, aproveitade o día de hoxe para ler ou descansar.

3. Notas.
As vosas notas están na aula virtual de 1º ESO A, no epígrafe "Avaliación e cualificación" (terceiro desde arriba): "Notas 1º ESO LLG".
  • Os alumnos que teñen aprobadas estas avaliacións, poderían subir nota para a FINAL co traballo que estamos facendo neste terceiro trimestre.
  • Os alumnos que teñen suspensas a 1ª e a 2ª deben recuperalas neste terceiro trimestre.

A semana que vén dareivos pautas sobre:
  1. A organización do material que elaborastes neste terceiro trimestre, a fin de que eu poida velo e valoralo.
  2. A forma de evitar erros frecuentes na expresión oral/escrita.
  3. O modo de subir nota para a avaliación final.
  4. O modo de recuperar avaliacións anteriores suspensas.

Ata o luns.

Comentarios

Entradas populares