XOVES 28M: REDACCIÓN

Bos días.

Respostas ás cuestións do outro día:
  1. Texto preditivo. Adianta previsións de algo que vai suceder. P.e. predición metorolóxica, horóscopos, etc.
  2. Texto instrutivo. Finalidade: Achegar instrucións. Proporcionan a información necesaria para realizar unha actividade. Detallan, por orde cronolóxica, os pasos que se deben dar. P.e. os pasos para montar un xoguete ou un moble, unha receita de cociña, como pintar unha habitación, etc.
  3. Texto argumentativo. Finalidade: Argumentar a favor ou en contra de algo. Na argumentación hai tres elementos: o tema (asunto da argumentación), a tese (opinión que se sostén sobre o tema), os argumentos (razóns que se achegan para defender a tese). 

Ademais, hoxe tedes que ver este titorial, elaborado sobre este documento. Para que? Para redactar correctamente.

O próximo día farei preguntas sobre o documento.

Ata logo.

Comentarios

Entradas populares