LUNS 4 MAIO: COMPRENSIÓN/EXPRESIÓN ORAL/ESCRITA (Unid. 5, 6)

Bos días.

Comezamos hoxe co punto 1 do voso libro: Ler e escribir / Escoitar e falar. 



Ler e escribir. Tedes que entrar na unidade 5, punto 1 e ler o texto; logo contestade as cuestións 1 e 3. Despois, entrades na unidade 6, punto 1, e contestades as cuestións 6 e 7.

Escribir. Tedes que ser especialmente cuidadosos coa expresión e a ortografía, porque despois teredes que entregar parte deste material (xa vos direi como). É o momento de aplicar todo o que estivemos vendo ata agora. 

Falar. Corrixiremos as cuestións oralmente o día da videoconferencia, xoves, 12.30. Se tedes dúbidas antes, podemos conectarnos antes. Este é o voso horario de videoconferencias:

Pincha para agrandar a imaxe.
Avisádeme e conectámonos nun momento en que nin vós nin eu esteamos "en clase".

Ata logo.

Comentarios

Entradas populares