LUNS 1X: REDACCIÓN
Desde que os humanos deron na teima de imitar as aves,
pasaron os séculos, inventaron o telescopio e Verne mesmo ideou Unha viaxe á Lúa. Hai máis
de medio século que un astronauta dixo a frase histórica, pan-humana, ao calcar
o pé no po do satélite. Agora hai visionarios empeñados en usar a Lúa como base
para saltar a Marte. Os antropólogos din que a especie humana é exploradora e
colonizadora por natureza, polo que continúa na aventura espacial mesmo sabendo
que poida ser quimérica, desastrosa para os exploradores e ruinosa para os
promotores.
Sexan viaxeiros á Lúa, tripulantes das lanzadeiras ou
habitantes da estación orbital, cantos andaran no baleiro lonxe da Terra
volveron abraiados pola beleza da Bola Azul contrastada no negrume arrepiante.
Retornaron amando máis o noso planeta e dispostos a coidalo. Moitos usaron a
frase inglesa back on
earth, cos pés na terra, cun dobre sentido -no
chan e na Terra- para expresaren o seu compromiso adquirido nas alturas.
Nun
momento de gravísima crise global cómpre pensarmos se paga a pena continuar coa
carreira espacial ou concentrarmos todo esforzo técnico-científico nunha
carreira -vital- terrestre. Sobra coñecemento da aventura
vivida alén da atmosfera como para o aplicalo con éxito contra o COVID-19 e
cantas novas pandemias veñan.
Xavier
Alcalá: "Back on Earth", La Voz de Galicia, 23-04-2020.
Le
atentamente o texto. Despois, manifesta o teu acordo ou desacordo coa opinión
do autor (céntrate especialmente no fragmento subliñado). Cando redactes, ten
en conta as fases das que tratamos a semana pasada neste
documento.

Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.