LUNS, 11 DE MAIO: ERROS FRECUENTES I (ORTOGRAFÍA)
Bos días.
Como vos dixen a semana pasada, esta semana intentaremos evitar erros frecuentes na expresión escrita. E comezamos con este documento "Erros frecuentes I: Ortografía". Coma sempre, podedes descargalo neste enlace ou ir á aula virtual, onde está en formato editable para aqueles que prefiran contestar as cuestións co ordenador. Contestade hoxe as 15 primeiras preguntas (son curtas). Importante:
- As que non saibades, deixádeas en branco.
- Se vos equivocades, non borredes. Pasade unha liña por encima e corrixide.
En ambos casos, recomendo que marquedes cun rotulador ou como prefirades. Só así saberedes o que tedes que repasar.
Mañá dareivos as solucións e continuaredes coas seguintes.
Ata logo.
Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.