LIBRO DE LECTURA

Repito entrada anterior, pubicada o 31 de marzo:

Como sabedes, decidín poñer un único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª avaliación. Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta.

Como conseguir os libros?

Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:

  • GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
  • Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.

Saúdos.

Comentarios

Entradas populares