VENRES 24 A: ORTOGRAFÍA

Bos días.

Retomamos Ortografía: punto 5 das unidades 9, 10, 11, 12.

  • Hoxe, venres, cubride a ficha que aparece neste enlace. Tédela tamén nun formato editable na vosa aula virtual. Coma sempre, as respostas están no voso libro de texto (punto 5 das unidades 9, 10, 11 e 12).
  • O luns, 27, facedes os seguintes exercicios:

Unidade
5. Ortografía
Actividades do libro dixital
9
Uso dos dígrafos ll, qu, rr
8
10
O punto
5
11
Coma e punto e coma
4
12
Raia e dous puntos
5


Estas actividades teñen solución no propio libro, pero debedes seguir esta orde:
  1. Facedes a actividade.
  2. Comprobades as solucións. As que estean mal, corrixídeas e apuntade a forma correcta para non equivocarvos de novo. Non borredes a incorrecta, tachádea, e poñede ao lado a correcta. Só así podedes saber en que fallades.
Coma sempre, gardade este material: entrade no enlace necesidade de organizar o materialLevade todo ao día, ordenado e organizado. 

E con isto, rematamos toda a Ortografía do libro. 

Ata o luns.

Comentarios

Entradas populares