MARTES 14A: LINGUA. VERBO.

Bos días.

Entramos na 3ª avaliación. 

E imos facelo co punto 4: Lingua. Comezamos co verbo. Tedes que ir ao voso libro Edixgal ao punto 4 da unidade 8 e da unidade 9.

Tedes que continuar cubrindo o cuestionario (os datos para cubrilo están no voso libro de texto); xa sabedes que vale non só como exercicio: son tamén as preguntas que poden entrar no exame, xunto coas actividades que vos vou marcando. Na aula virtual tedes o mesmo cuestionario nun formato editable.

Actividades da unidade 8: 6, 7, 8, 9. 
Actividades da unidade 9: 10, 11, 12.

Con isto tedes traballo para o martes e o xoves. Facede o martes a unidade 8 e o xoves a unidade 9. O venres dareivos outra ficha de verbos.

Ata logo.

Comentarios

Entradas populares