LIBRO DE LECTURA
Bos días.
Como sabedes, decidín poñer un único libro de lectura "obrigatorio" para a 2ª e 3ª avaliación. Os que queiran ler dous, poden facelo: é voluntario; no caso de examinarvos (oralmente) de dous libros, poría a nota máis alta.
Como conseguir os libros?
Se non tedes o libro na casa, podedes acceder a libros en bibliotecas virtuais:
- GaliciaLe. Só tes que rexistrarte (sen necesidade de ir a ningunha biblioteca) e coas claves que recibirás, accederás ao catálogo virtual. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.
- Bivir (asociación de tradutores galegos). Ide na pestana superior a "Bivir", logo a "Catálogo de Obras" e podedes seleccionar por tradutor (non interesa), ou por título, autor (é o que interesa). Non todas as obras son adaptadas á vosa idade; se escolledes algunha, preguntádeme antes se é adecuada.
Saúdos.
bos dias Ana, quería preguntarche se o libro de lectura obrigatorio pode ser Conta Nove Estrelas de Andrea Maceiras. Ou ten que ser outro? Un saludo
ResponderEliminar