VENRES 17A: LINGUA. VERBO.
Bos días.
Ánimo, que hoxe xa acabamos cos verbos. Para iso tedes que cubrir esta ficha (pp. 1-2). As solucións están nas pp. 3-4. A ficha está tamén na aula virtual nun formato editable (punto 4, Lingua).
Non copiedes as solucións: iso non vale de nada. Primeiro cubrides a ficha e despois comprobades co solucionario. Cando teñades un erro, non o borredes: tachádeo e poñede a forma correcta ao lado. Así sabedes que verbos coñecedes e que verbos teredes que repasar cando chegue o momento.
Se tedes dúbidas, podedes buscar en Google a forma verbal, p.e. andar: buscades verbo andar RAG. Vaivos saír este resultado.
Ata o luns. Os temas 10, 11 e 12 (punto 4, Lingua) son moito máis fáciles.
Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.