LUNS 27A: ORTOGRAFÍA
Bos días.
Continuamos con Ortografía: punto 5 das unidades 9, 10, 11, 12. O venres cubristes a ficha deste enlace (tamén en formato editable na vosa aula virtual). Hoxe corresponde facer as actividades desta parte da materia:
Unidade
|
5. Ortografía
|
Actividades do libro dixital
|
9
|
Uso dos dígrafos ll, qu, rr
|
8
|
10
|
O punto
|
5
|
11
|
Coma e punto e coma
|
4
|
12
|
Raia e dous puntos
|
5
|
As actividades teñen solución no propio libro, pero debedes seguir esta orde:
- Facedes a actividade.
- Comprobades as solucións. As que estean mal, corrixídelas e apuntades a forma correcta para non equivocarvos de novo. Non borredes a incorrecta, tachádea, e poñede ao lado a correcta. Só así podedes saber en que fallades.
Coma sempre, gardade este material: entrade no enlace necesidade de organizar o material. Levade todo ao día, ordenado e organizado.
E con isto, rematamos toda a Ortografía do libro.
Ata mañá.
Ata mañá.
Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.