VENRES, 27M: ORTOGRAFÍA

Bos días.

Continuamos coas actividades de Ortografía. Hoxe, uso de b, v e h.

Unidade
5. Ortografía
Actividades do libro dixital
1
Grafías e Letras
2
Vogais
3
Sílabas
4
Acento I


Exercicio 1
Exercicio 2: 15 primeiros, 1ª columna.
Exercicio 0: Voluntario.  
5
Acento II
Exercicios 3, 4 
6
B, V, H
Exercicio 3
Exercicio 6: 10 primeiros, 1ª columna
Exercicio 7: 10 primeiros
Exercicio 9: 10 primeiros
7
S, H, C, Z
Exercicios 4, 5, 6, 7
Exercicio 12: 10 primeiros, 1ª columna
8
Dígrafos I
Exercicios 5, 6
Exercicio 11: 10 primeiros, 1ª columna

Como vos dixen onte, hai unha razón para que ás veces unhas palabras se escriban con b en galego e con v e castelán e viceversa. O mesmo ocorre co uso ou non uso de h. Aquí tedes un enlace a un documento (está tamén na aula virtual: Ortografía) no que podedes ver como se escriben en galego e castelán algunhas palabras deste tipo; na páxina 3 do mesmo documento veredes como se escriben noutras linguas: mirádeo, seguro que levades unha sorpresa. Ou... Por que credes que en galego se escribe Henrique, Helena? Como se escriben en inglés? Pois si: Henry, Helen. E o teléfono móbil en galego, móvil en castelán? Pois en inglés mobile, con b. Non hai que saber as palabras deste documento. Só hai que saber as da ficha que vos mandei facer. 

O luns, rematamos Ortografía. Se tedes dúbidas, consultádemas.

Ata o luns.

Comentarios

Entradas populares