LUNS, 30M: ORTOGRAFÍA

Bos días.

Hoxe rematamos as actividades de Ortografía. Veñá, ánimo, que esta é a última semana antes das vacacións de Semana Santa. E en Semana Santa non vou mandar tarefas obrigatorias, obviamente. 

Unidade
5. Ortografía
Actividades do libro dixital
1
Grafías e Letras
2
Vogais
3
Sílabas
4
Acento I

Exercicio 1
Exercicio 2: 15 primeiros, 1ª columna.
Exercicio 0: Voluntario.  
5
Acento II
Exercicios 3, 4 
6
B, V, H
Exercicio 3
Exercicio 6: 10 primeiros, 1ª columna
Exercicio 7: 10 primeiros
Exercicio 9: 10 primeiros
7
S, H, C, Z
Exercicios 4, 5, 6, 7
Exercicio 12: 10 primeiros, 1ª columna
8
Dígrafos I
Exercicios 5, 6
Exercicio 11: 10 primeiros, 1ª columna


Tedes que facer as actividades do cadro, marcadas en vermello: s, h, c, z e dígrafos. Todas elas teñen solución, pero:
  1. Facedes a actividade.
  2. Comprobades as solucións. As que estean mal, corrixídeas e apuntade a forma correcta para non equivocarvos de novo. Non borredes a incorrecta, tachádea, e poñede ao lado a correcta. Só así podedes saber en que fallades.
Coma sempre, gardade este material: entrade no enlace necesidade de organizar o materialAínda que non vos podo valorar (avaliar) na 2ª avaliación o traballo que estades facendo na casa, todo este material entrará como materia de exame na 3ª avaliación. Levade todo ao día, ordenado e organizado. 

Mañá comezaremos co punto 3: Comunicación e Textos. E, cando rematemos, xa teremos vistos todos os contidos e actividades da 2ª avaliación (e o repaso da 1ª).

Ata mañá.

Comentarios

Entradas populares