LUNS 16M: LÉXICO
Bos días.
Estabamos corrixindo a ficha de Lingua. Os que non a rematastes, rematádea. Para corrixila, prefiro que o fagamos de forma presencial, cando volvamos a clase.
Agora, imos seguir co punto 2: Léxico.
- Entrades na aula virtual, a través deste enlace e ides ao punto 2: Léxico.
- Aparecerán 2 documentos idénticos: un en PDF (este documento) e outro nun formato que se pode editar. Podedes optar por imprimilo (o PDF) ou por escribir as respostas co ordenador (no outro documento).
- Se o imprimides, contestades a man. Se decidides contestar no ordenador, gardade o novo documento coas respostas (se non, ao chegar a clase, non tedes nada que presentar).
- Tedes que facer o mesmo que fixestes coa ficha de Lingua. Para resolver as cuestións, ides ao voso libro dixital, punto 2 (Léxico) de cada unha das unidades.
Para esta clase, contestaredes as cuestións que corresponden ás unidades 1, 2, 3 e 4. Se queredes adiantar traballo, seguide ata a unidade 8.
Importante:
- Se hai algo que non sabedes, é preferible deixalo en branco. Xa o aclararemos na clase de forma presencial.
- Se tedes dúbidas, escribídeas ao final, nos comentarios.
Ata mañá.
Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.