LUNS, 23M: ORTOGRAFÍA
Entrade na imaxe: ORTO (chámase así) ten algo que dicirvos. |
Continuamos co traballo previsto para esta 2ª avaliación. Entramos agora no apartado 5: Ortografía. Seguimos como ata agora, cunha ficha de traballo que tedes na aula virtual. Continuaremos logo con actividades de Ortografía.
Recordade: Tedes que ir á aula virtual e contestar as cuestións da ficha do apartado 5: Ortografía. Podedes facelo a man (tedes que imprimir o documento) ou co ordenador (na aula virtual tedes unha ficha de ortografía nun documento que se pode editar).
Para hoxe, luns, 23M, contestade as cuestións das unidades 1, 2, 3, 4.
Se queredes adiantar traballo e rematar a ficha, mañá marcarei as cuestións das unidades 5, 6, 7, 8.
As dúbidas, como comentario neste mesmo blog.
Ata mañá.
Teño unha dúbida, cómo se diferenzan as vogais tónicas abertas ou pechadas? Estiven buscando no libro pero non atopei nada.
ResponderEliminarGrazas!
As vogais e/o só poden ser abertas ou pechadas en posición tónica. En posición átona, e/o son sempre pechadas.
ResponderEliminar1. Normalmente, se en castelán hai ditongo ie ou ue, en galego a vogal tónica é aberta: puerta / porta (o aberto), piedra /pedra (e aberto).
2. As palabras que teñen til diacrítico teñen e/o abertos: óso, présa (abertos). As que non, teñen e/o pechados: oso, presa.
3. En substantivos e adxectivos, son abertas as vogais tónicas e/o nas palabras con estas terminacións:
Agudas rematadas en –é, el, -ó, -ol, -oz. P.e. café, feroz.
Graves rematadas en –ela, -era, -ero, -erra, -estra, -estre, -oca, -oco, -ola, -ota, -ote. P.e. cadela, bote.
Graves cando segue á vogal un ditongo decrecente: historia, odio.
Todas as esdrúxulas. P.e. sólido, tétrico (abertos).
Con todo, hai excepcións.
Para os verbos, vémolo outro día, cando vexamos os verbos.
Respondo á túa pregunta?
Sí, moitas grazas!
Eliminar