MARTES 17M: LÉXICO

Continuamos o traballo da clase anterior, punto 2: Léxico. Agora debedes rematar a ficha e contestar as cuestións que corresponden ás unidades 5, 6, 7 e 8. Vimos todo na clase, con excepción da unidade 8. Lede atentamente o exposto nesa unidade para poder contestar á ficha.

Actividades da unidade 8 (punto 2, Léxico): Exercicios 2 (no caderno), 3 e 4 (no libro dixital). 

Con isto rematamos a parte de LÉXICO: repasamos os contidos da 1ª avaliación e vimos os da 2ª. Cando volvamos a vernos, corrixiremos as fichas e as actividades.

Mañá mércores non temos clase, o xoves é festivo e o venres, ponte. Continuamos a semana que vén. 

Ata o próximo luns. 

Comentarios

Publicar un comentario

Escribe aquí as túas dúbidas.

Entradas populares