MARTES 2X
Ola a todos.
Como vos dixen onte, teredes que escoller un dos textos que vos propoño e facer unha redacción segundo as pautas que vos dei (titorial, elaborado sobre este documento).
Hoxe, este é o texto. Pertence a Cousas, de Castelao.
Como vos dixen onte, teredes que escoller un dos textos que vos propoño e facer unha redacción segundo as pautas que vos dei (titorial, elaborado sobre este documento).
Hoxe, este é o texto. Pertence a Cousas, de Castelao.
Chegou das Américas un home rico
e trouxo consigo un negriño cubano, coma quen trae una mona, un papagaio, un
fonógrafo…
O negriño foi medrando na aldea,
onde deprendeu a falar con enxebreza, a puntear muiñeiras, a botar aturuxos
abrouxadores.
Un día morreu o home rico e
Panchito trocou de amo para gaña-lo pan. Co tempo fíxose mozo cumprido, sen
máis chatas que a súa cor… aínda que era negro coma o pote, tiña gracia de
abondo para facerse querer de todos. Endomingado cun caravel enriba da orella e
unha póla de malva na chaqueta, parecía talmente un mozo das festas.
Unha noite de estrelas xurdiu no
seu maxín a idea de saír polo mundo á cata de riquezas. Tamén Panchito sentiu,
coma tódolos mozos da aldea os anceios de emigrar. E una mañá de moita
tristura, gabeou polas escaleiras dun transatlántico.
Panchito ía camiño da Habana e os
seus ollos mollados e brillantes esculcaban no mar as terras deixadas pola
popa.
Nunha rúa da Habana o negro
Panchito tropezou cun home da súa aldea e confesoulle saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra
de tanto sol; eu non me afago con esta xente. Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou
pobre e endeble; pero trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un
sombreiro de palla e mais un traxe branco…
Hai un refrán que di: "Un non é de onde nace, é de onde pace".
Por que credes que a Panchito non lle gusta estar na súa terra natal?
De que trata o relato? Cando teñas a resposta, elabora un texto sobre o tema que trata o relato.
Ata logo.

Comentarios
Publicar un comentario
Escribe aquí as túas dúbidas.